Movementos sociais
17M: Manifestación “pola lingua que nos une”
Queremos Galego convoca unha mobilización en Santiago de Compostela no Día das Letras baixo o lema “Paremos os ataques contra o galego", en protesta pola “política de desmantelamento da cooficialidade lingüística” e de “caza de bruxas contra o galego” emprendida polo goberno de Alberto Núñez Feijóo. Carlos Callón recoñece un "mellor talante" en Valentín García, pero non advirte diferenzas coa xestión de Anxo Lorenzo.
O Sergas 'detén' un mamógrafo móbil e instálao no hospital de Verín
Sanidade substitúe o equipo de detección de tumores de mama do centro hospitalario verinés cun dos que antes se utilizaban para realizar exploracións en vilas do rural. O Goberno galego asegura que só está a "reestruturar" o programa de detección precoz, que diagnosticou máis de 4.000 cancros dende 1992.
Manual de xestión da crise, por Felip Puig
José Ángel Brandariz
"Molesta aquilo que é crítico e busca algo diferente á cidade-postal que eles tenhem predefinida"
Em junho de 2010 a Associaçom Cultural A Gentalha do Pichel foi sancionada com umha multa de 1500€ por colocar umha faixa na praça na qual se celebrava a cacharela. Nela podia-se ler "na Galiza só em galego" Esta multa de 1500 € por "ocupaçom indevida da via pública" está imposta polo anterior bipartido e executada polo presente governo municipal. Neste 9 de abril terá lugar o julgamento contra a associação, que propôs que este dia fosse declarado Dia do Asociacionismo Cultural. Falamos con Maca Igrejas.
Nove anos despois, aínda non chegou a xustiza para José Couso
O 8 de abril de 2003 morría José Couso. Nove anos despois, familiares e amigos seguen pedindo xustiza e a resolución dun caso con moitos puntos non explicados e #JusticiaparaCouso é trending topic en España. O vindeiro domingo está convocada unha concentración diante da Embaixada dos Estados Unidos en Madrid.
Os dereitos “humanos” dos animais
Luís Ledo
Síndrome de Down: A súa vida tampouco ten límites
O pasado 21 de marzo tivo lugar o día internacional do Síndrome de Down, afección que por primeira vez conta cun día exclusivamente propio. Hoxe en día xa é habitual ver a mozos e adultos con este síndrome ou outras discapacidades, traballando en empresas ordinarias, estudando en institutos e colexios ou formando incluso as súas propias familias. Estes resultados non son una casualidade. Son o froito do traballo de fundacións coma a Down Compostela, que se constituíu oficialmente no ano 2006 coa finalidade de mellorar a calidade de vida das persoas con Síndrome de Down ou outras discapacidades intelectuais
Esculca denuncia a vulneración dos dereitos das persoas presas na Lama
O Observatorio para a Defensa dos Dereitos e Liberdades denuncia o "deterioro" da situación dos presos e presas nesa cadea, coincidente -din- "co nomeamento de un novo Subdirector de Seguridade e a introducción de métodos expeditivos para abordar os problemas de convivencia"
Terra queimada, fauna abrasada
Rubén Pérez
As bolboretas ferven no asfalto
Begoña Outeiro
"É o momento de tomar decisións e a Xunta debería asumir as súas responsabilidades"
Mónica Arto, secretaria comarcal de Verdegaia e membro da xunta consultiva do Parque Natural das Fragas, falou para Praza na concentración que o luns á tardiña tivo lugar en Pontedeume. Vídeo no interior.