Para os antitaurinos o Concello "quere lavar as mans" e esíxenlle que aclare se vai seguir cedendo gratis o Coliseo
O goberno municipal da Coruña anunciou este mércores que deixaría de financiar os festexos taurinos coa subvención directa de 130 mil euros que entrega anualmente. Porén, os colectivos opostos a este espectáculo piden que deixe de cederlle de balde o recinto do Coliseo, unha subvención indirecta de 120 mil euros. O Concello da Coruña gastou case un millón e medio de euros nas touradas na última década.