17M: Manifestación “pola lingua que nos une”
Queremos Galego convoca unha mobilización en Santiago de Compostela no Día das Letras baixo o lema “Paremos os ataques contra o galego", en protesta pola “política de desmantelamento da cooficialidade lingüística” e de “caza de bruxas contra o galego” emprendida polo goberno de Alberto Núñez Feijóo. Carlos Callón recoñece un "mellor talante" en Valentín García, pero non advirte diferenzas coa xestión de Anxo Lorenzo.