Movementos sociais
Voluntariamente
Lorena Gómez
Guipúscoa frea un proxecto de incineradora e implanta un sistema de recollida porta a porta de residuos
38 concellos gobernados por Bildu, que agrupan máis de 300 mil persoas, poñerán en marcha nos vindeiros meses esta iniciativa, o cobxectivo de reciclar o 80% dos residuos. A medida, que paraliza o proxecto de construción dunha macroincineradora en Zubieta, esperta as críticas en PP, PSOE e PNV.
Onde está Galiza non se Vende?
Manoel Santos
De “responsabilidades”, información e democracia: O Irixo
Uxío Novo
As touradas, derroche de cartos públicos en tempo de "austeridade"
Calcúlase que cada ano os gandeiros taurinos reciben 600 millóns de euros de fondos europeos para o desenvolvemento agrario. En Galicia, as subvencións públicas sosteñen os poucos espectáculos que quedan e por exemplo na Coruña a feira que se celebra en agosto acumula perdas de 600 mil euros nos últimos tres anos, a pesar da achega municipal de case medio millón de euros.
A Xustiza cuestiona o plan da Xunta de permitir a instalación de piscifactorías en espazos protexidos
Toda a costa galega poderá acoller piscifactorías, independentemente do seu grao de protección. Esta premisa, defendida pola Xunta no futuro Plan Director de Acuicultura Litoral, volve estar cuestionada, agora legalmente. O TSXG estima que a alteración ou destrución dos valores paisaxísticos e ambientais son motivo suficiente para anular a instalación.
O TSXG declara ilegal a piscifactoría da Laxe Brava, ás portas de Corrubedo
O Concello de Ribeira presentar recurso contra un proxecto que se situaba fóra da Rede Natura, pero moi próximo ao Parque Natural. Para ADEGA esta sentencia afasta "o obxectivo de Pescanova de ocupar Touriñán".
A reinserción a través das ondas
Grazas á ONG Agareso ducias de internos do penal de A Lama teñen a posibilidade de seren xornalistas por unhas horas, sen esquecer que o obxectivo da radio e a revista do cárcere é que aprendan a convivir, a colaborar e a respectarse a si mesmos
"Os montes en mancomún deberían ser fundamentais nas políticas de desenvolvemento rural"
O proxecto documental En todas as mans, que se atopa en fase de postprodución, repasa a historia dos montes comunais e procura dignificar e aumentar o valor da súa figura.
Acampada Obradoiro organiza unha "Xornada de Redefinición"
Terá lugar este domingo, 26 de febreiro a partir das catro da tarde no local da Asociación Xuvenil Ítaca (rúa do Pombal, 18, baixo, Santiago).
Público pecha a súa edición en papel. Cales son as alternativas?
Os traballadores veñen de decidir en asemblea que o xornal xa non sairá este sábado. O diario seguirá na web, aínda que cun futuro incerto, pois non figura no plan de viabilidade. Víctor Sampedro denuncia que "a economía non dixital da información está fóra do alcance de sectores que non conten co apoio dos poderes bancarios".