"Onte tocoulle emigrar a España, hoxe tócalle a África e mañá pódelle tocar a España outra vez"
Mira no interior a segunda parte do vídeo sobre os inmigrantes sen papeis realizado por TingaLaranga AudioVisual.
Mira no interior a segunda parte do vídeo sobre os inmigrantes sen papeis realizado por TingaLaranga AudioVisual.
Dez colectivos lanzan a campaña nacional conxunta do 8 de marzo baixo o lema ‘Mulleres galegas, en loita polos nosos dereitos!’, nun momento no que se asiste ao “recrudecemento do machismo nas institucións” e á “ausencia de políticas feministas reais”. Denuncian a eliminación das políticas públicas de igualdade e de educación sexual.
Moitas das persoas que quedan sen emprego atopan na familia unha vía de salvación. Unha rede de apoios coa que non contan milleiros de inmigrantes en desemprego, situación que empeora ao non ter papeis.
A plataforma de asociacións en defensa da sanidade pública analiza os servizos de saúde de todo o Estado e alerta do empeoramento do Sergas. Nos últimos dous anos mellora no ránking de gasto por habitante, aínda que minguou a poboación e aumentaron os maiores de 65 anos.
A Asociación Ecoloxista Coto do Frade de Ribadavia comezou o seu traballo de concienciación social e denuncia ao redor da política de residuos no sur de Galicia en 2007, cando se presentou o Plan de Residuos da Xunta e con el o proxecto da planta de tratamento de Carballeda. Este proxecto anulouse en en 2009, o que deu lugar ao novo proxecto do Irixo, neste caso de incineración
O plano do alcalde compostelán prevé construír 120 vivendas de luxo no espazo no que, por convenios anteriores e sentenzas xudiciais, Layetana Santiago S.L. está obrigada a financiar e construír un centro cívico, un xeriátrico e un parque público.