"Con esta ratio, folga no patio": A comunidade educativa de Allariz esixe que a Xunta cumpra coa lei
A comunidade educativa do colexio Padre Feijóo de Allariz leva un mes mobilizándose para esixir que en Infantil non se supere o número máximo de alumnos e alumnas por aula fixado pola lei. Manterá unha xuntanza coa delegación territorial da Consellería este martes e ameaza con estender as protestas