Sada volve reclamar que a modificación da Lei de Memoria Histórica inclúa a recuperación de Meirás
O Concello volve demandar ao Goberno central que a mudanza lexislativa para poder exhumar a Franco inclúa tamén a reversión das Torres ao patrimonio público. O rexedor envía outra carta a Pedro Sánchez, ao igual que fixera o pasado mes de xuño.