"O abandono do rural e a perda da silvicultura tradicional son clave para entender o que está pasando no monte"
ENTREVISTA | O xeógrafo Diego Cidrás, investigador da USC, presentou o mes pasado un estudo sobre a expansión do eucalipto nas Fragas do Eume entre 1998 (un ano despois da creación do parque natural) e 2011. A especie incrementou a súa presenza en máis 200 hectáreas, ao tempo que diminuía a superficie de bosque atlántico.