Movementos sociais
Galicia, á cabeza das mortes por afogamento ao sumar 29 no que vai de ano
Dende o 2015 187 persoas faleceron afogadas nas catro provincias galegas, sobre todo nas praias, pero tamén en ríos, encoros ou piscinas. A maior parte das vítimas eran varóns, tiñan máis de 55 anos e nadaban en espazos sen socorristas. A Federación de Salvamento critica que a normativa "errática e carente de lóxica" da Xunta deixou moitos lugares sen protección
Os PAC "en pé de guerra" e a folga no 061 alargan o conflito na sanidade pública este verán
"Dende hai dez anos non se revisan os plans funcionais" dos PAC malia ás mudanzas da poboación galega neste tempo, denuncia o persoal. No 061 o persoal estatutario está en folga para para esixir ao Sergas unha compensación "xusta" polo traslado á nova sede de Emerxencias na Estrada
Até máis ver
Xosé Manuel Sarille
A Xustiza anula as multas impostas en 2014 aos manifestantes contra as obras de encanamento do río Sarria
A sentenza destaca que a mobilización, que buscaban evitar a corta de 150 árbores, non foi comunicada pero "tivo o carácter de resposta popular ante feitos ou acontecementos de relevante influxo social na localidade". O ditame salienta que a Subdelegación do Goberno non achegou "probas suficientes" que avalasen as súas acusacións
Eutanasia significa boa morte
Laureano Araujo
Os axentes medioambientais adían un día a folga para "garantir a seguridade" do persoal dos servizos mínimos
CIG e UGT, que denunciaron os servizos mínimos, advirten de que o limiar do 20% fixado polo departamento de Beatriz Mato arrisca a "seguridade e protección" do persoal que teña que traballar durante a folga
Galicia tería que duplicar a chegada de inmigrantes para equilibrar a actual sangría demográfica
En 2017 o saldo vexetativo (-13.364) foi o máis negativo dende que hai rexistros e aínda que mellorou o saldo migratorio (+6.769), grazas á ao incremento da chegada de persoas dende América Latina, este dato está aínda lonxe de compensar a perda poboacional.
Juana Rivas: Unha sentenza desaquelada
Xoán Antón Pérez-Lema
A CIG ve ratificado que a Xunta "inchou" as oposicións de educación tras ficar descubertas case o 20% das prazas
A central sindical lembra que o proceso estivo "inzado de queixas" e coida que a "ausencia dun verdadeiro concurso-oposición" impide que "a maioría de aspirantes poida demostrar a súa capacidade pedagóxica nas probas relacionadas co labor docente"
Ferrol quere deixar dunha vez de ser "del Caudillo"
O pleno aproba cos votos de Ferrol en Común, PSdeG e BNG unha moción que insta ao Concello a iniciar o trámite administrativo para recuperar a propiedade do panteón que a familia Franco ten no cemiterio municipal dende 1967. Ademais, aposta por eliminar a simboloxía franquista da cidade e os retratos dos alcaldes de ditadura.
Emilio Cao: "A protesta social está criminalizada. Buscan a docilidade da poboación"
O mozo do Carballiño, que hai uns días evitou o cárcere ao recibir unha condena de 3 meses, ofreceu unha rolda de prensa na que agradeceu o apoio recibido pola sociedade galega e lamentou os "catro anos de presión sobre a miña familia e as miñas amizades", sufridos por mor da súa acusación