Unha manifestación marítima en defensa da pesca sostible acompaña a chegada do barco de Greenpeace á Ría de Arousa

Manifestación marítima na ría de Arousa para recibir o Artic Sunrise, este 12 de xuño de 2024 © Greenpeace

Unha manifestación marítima acompaña a chegada do buque de Greenpeace Arctic Sunrise a Galicia este mércores

Unha manifestación marítima convocada pola Plataforma en Defensa da Ría de Arousa acompañou a chegada do buque de Greenpeace Arctic Sunrise a Galicia este mércores. A embarcación entrou na ría de Arousa no inicio da tarde acompañado de numerosas embarcacións pertencentes a varias confraría da ría para reivindicar en conxunto co sector da pesca artesanal, o marisqueo e a acuicultura extensiva tradicionais unha meirande protección para os océanos e a rexeneración da ría de Arousa. A manifestación marítima discorreu desde o Norte da Illa de Arousa até a entrada no porto de Vilagarcía.

O rachaxeos da organización ecoloxista permacerá en Galicia ata o vindeiro sábado 15, en que partirá para Palma de Mallorca. Neste tempo están organizadas varias actividades de difusión e tamén se poderá visitar o propio barco.

Entrada do Artic Sunrise pola ría de Arousa, acompañado pola manifestación marítima

A manifestación puido verse dende enclaves coma o Faro de Punta Cabalo ou Praia da Cova (A Illa de Arousa), a Praia das Sinas (Vilanova de Arousa) ou o propio Porto de Vilagarcía de Arousa, concentración de todas as embarcacións

A manifestación puido verse dende enclaves coma o  son o Faro de Punta Cabalo ou Praia da Cova (A Illa de Arousa), a Praia das Sinas (Vilanova de Arousa) ou o propio Porto de Vilagarcía de Arousa, onde se concentraron todas as embarcacións.

Durante estes días Greenpeace esixirá dende Galicia ao goberno de España a ratificación do Tratado Global dos Océanos. Ademais, traballará co sector pesqueiro artesanal para reivindicar unha pesca máis sostíbel fronte á pesca industrial, que está a acabar coa biodiversidade e sobreexplota os recursos pesqueiros. 

Búscase reivindicar -en conxunto co sector da pesca artesanal- o marisqueo e a acuicultura extensiva tradicionais unha meirande protección para os océanos e a rexeneración da ría de Arousa. 

Este xoves pola mañá está prevista unha rolda de prensa no porto de Vilagarcía na que participarán Celia Ojeda, responsábel de Biodiversidade de Greenpeace), Marta Martín-Borregón, responsable de Océanos da entidade e Manoel Santos, coordinador en Galicia da organización. Estarán acompañados por representantes do sector do mar: Xocas Rubido (Presidente da Plataforma en Defensa da Ría de Arousa), María Porto (Presidenta da Agrupación de Mariscadoras do Carril), Juan José Rial Millán (Patrón Maior da Confraría da Illa de Arousa) e Ángel José Rodríguez Silva (Presidente da Federación de Asociacións de Mexilloeiros de Arousa e Norte).

Manifestación marítima na Ría de Arousa © Greenpeace

A continuación terá lugar a bordo do Arctic Sunrise unha xornada de traballo co sector do mar e tamén en conxunto con todo o sector primario. Ademais, ás 19 horas desenvolverase unha mesa redonda, aberta ao público, sobre 'Propostas e reivindicacións ecofeministas para o sector primario', na que participarán Sandra Amezaga (secretaria de Mulleres Salgadas), María Vales (ex-patroa maior de Vilanova) e Isabel Vilalba (secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego).

Durante estes días Greenpeace esixirá dende Galicia ao goberno de España a ratificación do Tratado Global dos Océanos

Ademais, o buque de Greenpeace abrirá as súas portas a todos os públicos o xoves a partir das 17:00 ata as 21:00; e o venres e o sábado de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00. Os visitantes poderán coñecer algunhas das zonas do Arctic Sunrise e a súa historia en visitas guiadas de balde.

Finalmente, o sábado 15 despedirá ao buque un pasarrúas organizado pola Asociación Nós de Sobradelo (de 11:00 a 13:00), que continuará coa presenza en porto do colectivo ‘13 graos’, ofertando unha experiencia inmersiva con lentes de realidade virtual para coñecer os fondos mariños galegos. Así mesmo, durante toda a semana crearase un mural participativo a cargo da artista Loubé. Será unha homenaxe á pesca artesanal e a ría de Arousa. A actividade realizarase nunhas instalacións localizadas no porto, xunto ao aparcadoiro.

Manifestación marítima na Ría de Arousa © Greenpeace

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.