A rebelión contra os Irmáns Musulmáns esténdese por Exipto
Morsi viuse obrigado a facer algunha concesión: Anunciou que dá marcha atrás ao decretazo e nomeou un grupo de expertos xuristas para que redacten un novo decreto. Pero o borrador constitucional permanece intacto, a data do referendo mantense e con ela, a indignación da oposición e dos movementos sociais