Os datos amosan que si houbo unha importante mobilización do voto progresista, especialmente dos votantes da Galicia urbana aos que se interpelaba. Porén, a dereita tamén se mobiliza cando o resultado é axustado
Xusto despois da convocatoria anticipada das eleccións do 18F analizabamos a necesidade de que a esquerda activase a mobilización do voto urbano para ter opcións de desaloxar o PP do Goberno da Xunta. Había un gran grupo de votantes nas cidades galegas e nas súas áreas metropolitanas que habitualmente participan nas eleccións xerais, pero que viñan absténdose (agás excepcións: 2005, 2009...) nos comicios ao Parlamento galego. Esta activación do voto urbano serviría para incrementar a tradicional vantaxe do bloque progresista nas áreas urbanas, compensando así a diferenza que o PP obtén ao seu favor nos concellos menos poboados.
Este domingo a participación incrementouse de forma notable. Votou o 67,3% do censo de residentes, 8,5 puntos máis que hai catro anos (58,88%) e por riba do dato de 2016 (63,75%) e 2012 (63,8%). A participación ficou mesmo preto dos datos de 2005 (68,1%) e 2009 (70,45%). No 2020 a participación final, unha vez contabilizado o Censo CERA, foi do 48,96%. Cando se reconte o voto emigrante coñecerase a participación final deste 18F, que roldará o 60%.
Este domingo a participación incrementouse de forma notable. Votou o 67,3% do censo de residentes, 8,5 puntos máis que hai catro anos (58,88%) e por riba do dato de 2016 (63,75%) e 2012 (63,8%). A participación ficou mesmo preto dos datos de 2005 (68,1%) e 2009 (70,45%)
A participación, iso si, ficou moi lonxe do nivel que se rexistrara nas eleccións xerais do pasado mes de xullo (73,14%). Porén, o aumento é evidente. Tamén nas cidades. Así, fronte a un aumento de 8,4 puntos de participación no conxunto de Galicia, a mobilización do electorado aumentou 12,6 puntos en Ourense (o efecto DO), 11,5 puntos en Lugo e 9,5 puntos en Pontevedra. Vigo, A Coruña e Santiago rexistraron incrementos moi semellantes á media galega e tan só Ferrol (+5,1 puntos) tivo un aumento da votación por debaixo da media.
A participación en Vigo foi superior á de 2012 e 2016 e só tres puntos inferior á de 2009 e A Coruña tamén mellorou os datos de 2012 e 2016 e ficou moi preto dos de 2009. En relación ás Xerais, a Galicia urbana si rexistrou datos máis reducidos, especialmente Ferrol, Vigo e A Coruña.
Fronte a un aumento de 8,4 puntos de participación no conxunto de Galicia, a mobilización do electorado aumentou 12,6 puntos en Ourense (o efecto DO), 11,5 puntos en Lugo e 9,5 puntos en Pontevedra. Vigo, A Coruña e Santiago rexistraron incrementos moi semellantes á media galega
Os datos amosan, polo tanto, que si houbo unha importante mobilización do voto progresista, especialmente dos votantes da Galicia urbana aos que se interpelaba. Porén, a dereita tamén se mobiliza cando o resultado é axustado e o resultado deste domingo amosa que se activou un grupo importante de votantes conservadores -tanto nas zonas rurais coma nas urbanas- que no ano 2020 e en convocatorias anteriores se abstivera.
Adóitase dar por feito que unha maior mobilización beneficia á esquerda. E así é habitualmente, tendo en conta factores como a elevada abstención das xeracións novas e das zonas urbanas, que en Galicia é particularmente alta nas eleccións autonómicas. Pero non só importa que voten máis ou menos persoas, senón que persoas votan. Así sucedeu, por exemplo, nas eleccións xerais de 2016, cando unha participación semellante á dos comicios de 2015 vaticinaba un bo resultado para a esquerda; porén, a realidade é que unha parte do electorado progresista se desmobilizou, mentres que activaba o electorado conservador.
A maior participación nas cidades elevou de forma significativa o voto progresista (+34 mil), pero tamén se incrementou o voto conservador nas urbes (+22 mil). Nos concellos de menos de 5.000 habitantes, entre os que se o espazo máis rural do país, a esquerda conseguiu tamén recortar a diferenza que a separaba do PP
A maior participación nas cidades elevou de forma significativa o voto progresista (+34 mil), pero tamén se incrementou o voto conservador nas urbes (+22 mil). Nas grandes vilas o incremento de ambos os dous bloques foi parello (esquerda +18 mil, dereita +16 mil).
Cómpre salientar que nos concellos de menos de 5.000 habitantes, entre os que se o espazo máis rural do país, a esquerda conseguiu tamén recortar a diferenza que a separaba do PP. A sumar de BNG, PSdeG e Sumar medrou 11 mil votos, mentres que a suma de PP e VOX aumentou 6 mil votos.
En cambio, nas vilas medias, nos concellos entre 5.000 e 20.000 habitantes, a esquerda non foi quen de reducir as distancias coas dereitas. Nas vilas entre 10.000 e 20.000 habitantes ambos os dous bloques gañaron 15 mil votos. E nas localidades entre 5.000 e 10.000 habitantes a esquerda gañou 13 mil votos e a dereita subiu 12 mil.
En cambio, nas vilas medias, nos concellos entre 5.000 e 20.000 habitantes, a esquerda non foi quen de reducir as distancias coas dereitas
Así, os bloques esquerda/dereita mantivéronse relativamente estables: 49,55% para a dereita, 47,51% para a esquerda, dous puntos de diferenza fronte aos tres puntos de 2020 (50,8%-47,86%) e os máis de cinco puntos de 2016 (51,1%-46%). Mentres, nas eleccións xerais do pasado mes de xullo a esquerda gañou en Galicia por case dous puntos.
En canto aos partidos, nas cidades o PP gañou 25 mil votos e o BNG 63 mil, recollendo os case 30 mil votos perdidos por PSdeG e por Sumar (neste caso tomando como referencia os acadados por GeC en 2020).
Os bloques esquerda/ dereita mantivéronse relativamente estables: 49,6/47,5%, dous puntos de diferenza fronte aos tres puntos de 2020 (50,8/47,9%). Nas xerais de xullo a esquerda gañou en Galicia por case dous puntos
Nas grandes vilas (entre 20 e 50 mil habitantes), os movementos foron semellantes, con ascensos de PP (+16 mil) e BNG (+30 mil), que compensou o descenso de 12 mil votos de PSdeG e Sumar.
Nos concellos entre 5 mil e 20 mil habitantes o PP mellorou o seu resultado en 27 mil votos e o BNG en 46 mil. Porén, tamén neste caso o resultado da esquerda viuse lastrado polo descenso de 18 mil votos de PSdeG e Sumar.
Finalmente, na Galicia máis rural: os concellos de menos de 5 mil habitantes, o PP tamén aumentou 7 mil votos, e o BNG puido avanzar 18 mil, aos que hai que restar os 8 mil que caeron PSdeG e Sumar.
A esquerda gañou en 68 concellos, nos que vive a metade da poboación do país
Onde gaña a esquerda e onde gaña a dereita en Galicia? O mapa amosa un territorio tinguido de azul (dereita) na maior parte do país, especialmente no interior. En cambio, no litoral, dende o Ortegal a Carballo, dende Fisterra a Muros e en todas as Rías Baixas, o bloque gañador é maioritariamente o progresista. En concreto son 68 os concellos nos que a suma de BNG, PSdeG e Sumar foi maior que a suma de PP e VOX. E, en conxunto viven neles 1,32 millóns de galegos e galegas, case a metade exacta da poboación.