Feijóo, contra os xuíces e a Fiscalía: os edís de Santiago non fixeron nada "inxusto"
O presidente da Xunta asegura que a confirmación de que medio goberno compostelán será xulgado non muda a situación e non promove a destitución dos edís para non "traizoar" a súa "conciencia". O alcalde, Ángel Currás, defende a continuidade e cre "inxusto" que se produza o xuízo.