Política
Días de novembro en defensa do Estatuto
O mes de novembro de 1979 estivo caracterizado pola mobilizacións social e dos partidos de esquerda contra os intentos da UCD, secundada pola prensa madrileña, de recortar o proxecto de Estatuto de Autonomía, a aldraxe. Unha vez concedido o autogoberno a Catalunya e Euskadi, Galicia debería ser o tapón e o exemplo para o resto de territorios.
O CNI colabora cos servizos secretos europeos na espionaxe de Internet
Os servizos secretos do Reino Unido, Alemaña, España, Francia e Suecia colaboran na espionaxe das comunicacións en Internet dende hai cinco anos, segundo The Guardian
A Academia da Historia canoniza a Rajoy e destaca o seu labor durante o Prestige
O Diccionario Bibliográfico Español, que suavizara a figura de Franco, destaca o traballo do agora presidente durante a catástrofe nas costas galegas e obvia as críticas á xestión do Goberno ou as masivas manifestacións na rúa.
A Xunta financia con 60.000 euros o persoal da Red Madre
O grupo antiabortista recibe máis cartos dunha orde de axudas de Igualdade que asociacións contra a droga ou colectivos de apoio a persoas con síndrome de Down.
Carta a un amigo español (2)
Suso de Toro
A alcaldesa do PP que tamén fai fronte ao copago farmacéutico
Cerdido asumirá o copago de medicamentos para os veciños con problemas económicos. "Non me sitúo contra o partido, sitúome baixo a miña conciencia", di a rexedora popular, que confía nunha solución desde a Xunta e que se une aos concellos populares de Boborás e Vilanova no rexeitamento á medida.
Feijóo nega o recorte aos libros de texto que incluíu nos Orzamentos
O presidente da Xunta volve recorrer ao bipartito para retrucar ás críticas pola suba do paro, o escaso impacto da rebaixa do IRPF e a "fraude electoral" dos supostos contratos con Pemex.
O "engano" de Feijóo desaparece dunha pregunta do BNG
Jorquera quéixase á presidenta da Cámara de que a orde do día do pleno non reflicta a redacción rexistrada polo Bloque para a pregunta ao presidente da Xunta sobre o anuncio da baixada do IRPF.
A Xunta prevé deixar sen axudas para libros a 30.000 estudantes máis en 2014
Educación admite que cubrirá a menos alumnado cos subsidios para manuais escolares, que perden o 25% da súa dotación orzamentaria para o vindeiro exercicio económico.
O PP ignora as normas parlamentarias e volve vetar a investigación de Angrois
Os conservadores volven contradicir o Regulamento da Cámara e teiman en que o lexislativo galego "non ten competencias" para realizar a investigación que reclamaban AGE e BNG. O PSdeG abstense. Vídeos no interior
O PP desempoa a teima de ilegalizar os gobernos de coalición
Louzán augura, nunha conferencia na que foi presentado por Feijóo, que o Goberno central impulsará unha reforma electoral para garantir os gobernos monocolor