"Un goberno progresista é compatible cunhas contas saneadas"
Besteiro reivindica no Parlamento a "viabilidade" das altternativas de esquerda nos gobernos mentres o PP o acusa de aplicar recortes e incorrer en presunta corrupción
Besteiro reivindica no Parlamento a "viabilidade" das altternativas de esquerda nos gobernos mentres o PP o acusa de aplicar recortes e incorrer en presunta corrupción
A LOMCE incorpora, cos votos de PP e UPN, unha disposición pola que os colexios que separan o alumnado por razón de sexo e aos que lles foron retiradas as axudas públicas serán compensados. Núñez Feijoo afirmou este xoves que o conselleiro de Educación debería presentar unha proposta neste senso.
Manuel Baltar presenta os orzamentos da Deputación de Ourense no Parlamento entre críticas da oposición por continuar as prácticas do seu pai e gabanzas do popular Santalices, que ve na saga ourensá unha "especie a conservar, temible politicamente"
O comité interempresas da CRTVG amósase "indignado" co peche da Radio Televisión Valenciana. A súa presidenta, Raquel Lema non ve posible equiparar a situación dos medios públicos galegos cos valencianos. Non obstante, chama a apreciar a televisión e a radio públicas e á "responsabilidade" do seu persoal.
A oposición censura no Parlamento as "redes clientelares" que, ao seu xuízo, oculta a política de construción masiva de equipamentos deportivos. O tamén líder do PP pontevedrés amósase "contento" cos resultados da súa política neste ámbito.
O Goberno galego engádelle 155.000 euros á convocatoria de axudas da que previamente retirou case 600.000 polo "esgotamento do crédito inicialmente asignado". Expertas no tratamento do maltrato de xénero advirten de que "moitas mulleres aguantan por que non teñen de que vivir".
A Deputación de Pontevedra construíu ao redor de setenta campos de fútbol con herba sintética, gastando uns 36 millóns de euros. Novas obras en Vilaboa, Covelo, Cotobade, Marín, Barro, Cuntis ou Moraña, cun custe dun millón de euros nalgún caso, súmanse á lista. Crecen as críticas ao despilfarro, sospeitas de amiguismo e aos crecentes custes de mantemento.
O alcalde de Riotorto envía unha dura carta ao presidente da Xunta na que lle pide unha xuntanza coa Iniciativa Galega pola Gratuidade da Sanidade para "atopar unha solución para un problema que pon en risco a vida de milleiros de cidadáns" e apela á súa "humanidade, se aínda lle queda".