O TSXG obriga a Xunta a pagar parte da paga extra que lle recortou ao persoal laboral
O alto tribunal forza o Goberno a abonar os cartos correspondentes ao período de entre o 1 e o 14 de xullo tras unha demanda dos sindicatos da función pública.
O alto tribunal forza o Goberno a abonar os cartos correspondentes ao período de entre o 1 e o 14 de xullo tras unha demanda dos sindicatos da función pública.
A Deputación de Pontevedra gasta case o dobre que as outras tres en órganos de goberno e é a única que aumentou o gasto de persoal en 2013. Os entes provinciais manexaron en 2013 un orzamento global de 461 millóns de euros.
Besteiro e Vence volven tender as pontes entre as organizacións que lideran nun encontro inédito dende os tempos do bipartito. O PP acúsaos de citárense para "enganar á cidadanía".
A Xunta mantén intactas as partidas para os salarios de ensinanzas relixiosas mentres rebaixa a asignación global da Consellería de Educación. O número de prazas orzamentadas apenas varía dende o inicio da crise.
As principais partidas sociais dos Orzamentos da Xunta perderon unha media do 12,6% dende 2009, aínda que nalgunhas o recorte supera o 60%. O Goberno galego e o PP defenden que "son os Orzamentos máis sociais da historia da autonomía". As cifras, non obstante, din outra cousa.
Os conservadores axitan a proposta da redución de deputados dende o verán de 2012, 'resucitada' en pleno escándalo das fotos con Marcial Dorado e no pasado debate de política xeral. Agora afirman que a presentarán cando coiden "que é o momento".
O programa de promoción da lingua galega perdeu con Feijóo o 67% da súa dotación orzamentaria e disporá en 2014 de 12 millóns menos que nas derradeiras contas públicas do Goberno de Manuel Fraga.
O deputado de AGE deixa o Parlamento para emigrar a Dinamarca e traballar na investigación científica. "Non é meritorio nin relevante", di, tras recoñecer que en ocasións tivo "dificultades" para se "conter e non contestar as barbaridades que se din na Cámara".
O departamento que dirixe Francisco Conde distribúe 600.000 euros entre cinco editoras de prensa en apenas catro meses mentres Feijóo volve prometer que elaborará unha lei de publicidade institucional