Política
Veto á investigación de Angrois, tamén no Congreso
A dirección do Grupo Socialista decide absterse na votación da moción da Izquierda Plural, como xa fixo no Parlamento de Galicia. Os populares rexeitaron investigar en Galicia porque o ferrocarril é competencia estatal.
O PP teima en recortar o Parlamento e accede a reprobar a quen eloxie o franquismo
Os conservadores defenderán unha condena á "organización Resistencia Galega" e tentarán sumar á oposición a medidas como a inocua rebaixa do IRPF anunciada por Feijóo
A oposición insiste nunha fiscalidade máis progresiva e na defensa dos servizos públicos
PSdeG, AGE e BNG apostan por unha reforma que aumente os impostos ás rendas altas e non incida nos máis desfavorecidos e achegan unha morea de propostas contra o empobrecemento, a desigualdade social e o paro.
Feijóo teima en que a oposición se sume á súa visión de Galicia
O presidente apela á responsabilidade de PSdeG, AGE e BNG para instalos a compartir diagnóstico político e económico. Romeu, Beiras e Jorquera ínstano a abandonar a "arrogancia", fixarse nos problemas "da xente" e "gañar" o "respecto" e a "credibilidade".
Méndez Romeu acusa a Feijóo de "receitar só resignación e derrotismo" aos galegos
Debuta como voceiro socialista culpando o presidente "da destrución do Estado de Benestar" e ofrécelle un pacto que inclúa "un plan de emprego e o mantemento de Novagalicia como entidade financeira galega".
Europeas 2014: por unha candidatura galega unitaria
Carlos Aymerich
Beiras apela á "rebelión" da cidadanía contra o "comando de exterminio" do PP
O líder de AGE asegura que hai "alternativa á actual barbarie" e reta a Feijóo a convocar eleccións "se está tan seguro" de que conserva o apoio da maioría social do país.
Jorquera: "Feijoo vive nos seus papeis, non na Galicia real"
O discurso de Jorquera tivo unha forte compoñente económica: do paro aos recortes, pasando polos repagos. E tamén fixo fincapé nas "cortinas de fume" coas que, ao seu xuízo, Núñez Feijoo busca decote "ocultar a realidade"
Papeis secretos do Informe PISA para adultos
José Luis Sucasas
Feijóo eríxese en guía de Galicia na saída da crise e pide a adhesión da oposición
O presidente da Xunta anuncia unha rebaixa do IRPF menor á que el mesmo prometeu en 2009 e sentenza que "negar a efectividade" das medidas do Goberno é "negar os méritos" da cidadanía do país
Un país a debate no segundo exame da lexislatura para Feijóo
PSdeG, AGE e BNG coinciden en reclamar un debate de política xeral centrado na Galicia "real" e non nas "cortinas de fume" do presidente da Xunta