O PP mantén libre de impostos ata o 22% do soldo dos deputados
A Mesa do Parlamento aproba, só co apoio dos conservadores, o novo réxime fiscal dos membros do Parlamento con entre 800 e 1.200 euros ao mes libres de impostos
A Mesa do Parlamento aproba, só co apoio dos conservadores, o novo réxime fiscal dos membros do Parlamento con entre 800 e 1.200 euros ao mes libres de impostos
A Xunta transita entre a submisión aos copagos implantados polo Goberno central e a dura crítica aos recortes, á falta de medios e á privatización por parte de sindicatos e profesionais do Sergas.
Federico Gutiérrez, alcalde de Riotorto, foi o primeiro en anunciar que o seu Concello asumiría o novo copago farmacéutico. A el uníronselle media ducia de rexedores máis, incluído algún do PP. No entanto, aínda aspira a que a mobilización social obrigue o Goberno a dar marcha atrás.
A pasada lexislatura foi a do eloxio da fusión, xa fose de consellerías, de caixas ou de concellos. No anterior debate de política xeral Feijóo presentou como unha medida histórica a unión de Oza dos Ríos e Cesuras.
Queren derrogar o control legal do censo exterior que impide o voto nas municipais e que implanta o 'voto rogado', que provocou un gran descenso na participación dos emigrantes nos últimos comicios.
O presidente da Xunta comprometeuse a non aplicar ningunha suba tributaria durante a campaña electoral das autonómicas. Os conservadores consideraban estes incrementos "dobremente contraproducentes" en Galicia, mentres que agora defenden como "responsable" a suba do 'céntimo sanitario'.
A Eurocámara propón a modificación da Directiva de Impacto Ambiental, que exixirá ás minas a ceo aberto a autorización previa da Comisión e aumentará os requisitos e o control sobre iniciativas como a de Cabana de Bergantiños.
Os populares rexeitan no Congreso a aprobación dunha reforma penal que formule a existencia destes delitos por primeira vez en democracia, como xa reclamou formalmente a Deputación de Lugo