Política
Reencontro?
Dani Álvarez
O 'informe Abril', un mapa dos 90 para o recorte sanitario de Rajoy
Hai vinte anos o ex ministro de UCD Fernando Abril Martorell presidiu a comisión autora dun amplo catálogo de recomendacións para superar o "esgotamento" da sanidade pública. O Goberno de Felipe González desbotou as receitas, inzadas de repagamento e privatizacións, que volven estar de actualidade dúas décadas despois.
O Estado insinúa que aforrará en abortos mentres a Xunta prevé pagar campañas antiabortistas
A secretaria de Estado de Sanidade, Pilar Farjas, suxire que o sistema público de saúde só financiará a interrupción do embarazo por razóns "médicas" e o Goberno galego prepara o Plan de Dinamización Demográfica, que inclúe as accións propagandísticas contra o aborto previstas na Lei de Familia
Inédita unidade de PSdeG e BNG no Parlamento para esixir que Feijóo explique os recortes
O PP bloquea a petición conxunta de comparecencia de socialistas e nacionalistas, que lembran que teñen "5.000 votos máis" que os conservadores. O líder socialista asegura que "son momentos de traballar unidos" e a voceira do BNG, Ana Pontón, censura que o presidente "viva fóra da realidade". Os conservadores evitan pecharlle a porta á fin das autovías libres de peaxe.
A Xunta evita revelarlle ao Parlamento por que tivo pechado o Pazo de Meirás
O Goberno galego responde a catro preguntas nas que PSdeG e BNG o cuestionaban polo peche temporal do complexo obviando que veta as visitas cando a familia Franco se atopa aloxada neste Ben de Interese Cultural
Caamaño: "A dereita en Galicia ten os días contados"
O deputado socialista cre que "o Goberno de Feijóo está a caer en picado", pero lembra que na súa caída provoca "unha desfeita nos servizos públicos galegos". O ex ministro reclama novas políticas económicas na UE e non fala, polo de agora, da súa posible candidatura á secretaría xeral do PSdeG. Pero non pecha portas. "Cada cousa no seu tempo", aclara.
"A autoestima é a base para que un goberno de esquerdas defenda os intereses de Galicia"
Iniciamos con Camilo Nogueira unha serie de entrevistas para reflexionar ao redor dos 30 anos de autonomía e de actividade do Parlamento galego. Nogueira foi o deputado máis activo nas dúas primeiras lexislaturas, un período no que se construíu boa parte do entramado institucional e simbólico do autogoberno de Galicia. Falamos con el deste traballo, do actual proceso de recentralización do Estado e da actualidade política galega.
Gallardonazo contra a xustiza
Xoán Antón Pérez-Lema
A Xunta renovará o convenio que exime a familia Franco de abrir o Pazo de Meirás cando se aloxe nel
O Goberno gastou máis de 32 mil euros o pasado ano na seguridade do inmoble, en virtude dun convenio que tamén exime os Franco de abrir o Pazo (declarado BIC) ao público cando se atopen alí. O Valedor do Pobo remitiulle á CRMH, en resposta a unha queixa presentada en setembro, o informe emitido pola Dirección Xeral do Patrimonio.
Causa Galiza chama a defender a "soberanía" no 1 de maio
A plataforma independentista manifesta o seu apoio ao sindicalismo nacionalista contra as "medidas antisociais que se aplican dende Madrid e Bruxelas" e como defensa "da maioría social"
Galicia, en risco de perder 2.000 millóns da UE por ser demasiado "rica"
A renda media galega excedeu entre 2007 e 2009 en pouco máis dun punto o nivel esixido para seguir recibindo axudas estruturais de Europa. O BNG alerta de que a Xunta non está a facer xestións para evitar a perda de máis de 2.000 millóns e asegura que o "optimismo" do Goberno galego, que mantén que Galicia segue a ser territorio "en transición", non se "corresponde coa realidade".