Política
"Feijoo non sería capaz de dicir o que fixo en tres anos, porque non fixo nada"
Anxo Guerreiro foi deputado do PCG na primeira lexislatura do Parlamento Galego, e recuncou en 1997 con Esquerda de Galicia, en coalición co PSdeG. Fala con preocupación da situación económica, das medidas da axuste e dos erros estratéxicos da esquerda: "vai haber cambios de goberno en Europa, pero ademais fai falla que a socialdemocracia, que seguirá sendo maioritaria en Europa, cambie de actitude".
Cinco partidos galeguistas de centro conflúen en Acción Galega
Formacións que se ubican no ámbito do centro político, no "galeguismo" e no "progresismo" achéganse a AGA, participante das conversas do 'novo proxecto común'
O alcalde de Ourense atribúe a unha confusión que o concello deixase de ingresar 747.000 euros pola reciclaxe
O concello de Ourense tardou dous anos en recuperar para as arcas municipais 747.163,11 euros en concepto de recollida de lixo para reciclaxe. Os ingresos destes residuos, tal como establece o prego de condicións do servizo no seu artigo 76, son do Concello, sen embargo foi a empresa concesionaria UTE Ecourense, formada por Copasa e Fomento de Construccións e Contratas, quen recibiu os fondos durante dúas anualidades. A pesar de que o alcalde deu por rematado o incidente co ingreso dos cartos e a liquidación dos intereses, a oposición conformada por PP e Democracia Ourensá queren seguir investigando o asunto.
Mulleres e medicamentazo
Ana Luísa Bouza
O Valedor, o 'cromo' máis amargo do bipartito
Benigno López acumula un amplo historial de polémicas dende que en 2007 fose elixido por unanimidade do Parlamento tras unha negociación na que PSdeG e BNG apostaron pola súa candidatura por ser do agrado de Feijóo e así desbloquear outros nomeamentos
Feijóo mima a Baltar nun inhabitual 'cumio' de presidentes
O xefe do Goberno galego garántelle un amplo menú de investimentos ao titular da Deputación ourensá, que promete unha "redución drástica" nos gastos de persoal da institución
Os irmandiños pisan o freo nas conversas do 'novo proxecto común'
O Encontro Irmandiño desbota pechar acordos con Máis Galiza, Acción Galega e Ecogaleguistas antes do día 15 e aposta por centrar o traballo nas asembleas abertas
Feijóo culpa da burbulla inmobiliaria a PSOE e BNG, que o instan a "deixar paso"
O presidente da Xunta responde ás peticións de explicacións pola mala situación económica atribuíndolle a Joaquín Almunia a responsabilidade do "bloqueo" do naval e das preferentes das caixas. Pachi Vázquez propón a creación dun Instituto Galego de Finanzas que substitúa o Igape.
O búmerang lingüístico vólvese contra o PP en vésperas do 17M
Os populares rexeitan tres propostas da oposición para aplicar o Plan Xeral de Normalización pactado en 2004 e quedan sós na defensa dunha iniciativa sobre o galego nas redes sociais
Realidade e imaxinación
Carolina Díaz Ripoll
Desobediencia e resistencia
Carlos Lema Añón