Os Ecogaleguistas botan a andar á procura dunha "esquerda nacional de base ampla"
Encontro Irmandiño, Esquerda Nacionalista e a Mocidade Nacionalista Galega confirman a súa asistencia ao acto "aberto", o sábado en Santiago, de inicio dun proceso que culminará, dentro de tres meses, coa constitución dunha nova forza política aberta a "alianzas".