Acordo orzamentario de Sánchez e Iglesias con arrecendo a pacto de lexislatura entre PSOE e Podemos
O presidente do Goberno de España e o líder de Podemos pactan un documento con medidas como a suba do salario mínimo aos 900 euros ou o incremento do IRPF para rendas altas, pero tamén con accións sociais ou de igualdade alén do estritamente económico. O acordo vai ao Congreso sen garantías de aprobación