Os Franco especulan coa sétima parte das esculturas do Mestre Mateo para atrancar a devolución a Santiago
Os netos do ditador, tras alegar nun principio que non aceptaran aínda a herdanza familiar, adían agora o proceso xudicial advertindo de que un deles incluíu as estatuas na venda que da súa parte fixo á súa propia inmobiliaria. O Concello acúsaos de usar unha "estratexia dilatoria".