Os dous ex-directivos das caixas condenados a devolver 10 millóns "enganaron" para cobrar "en plena crise"
A sentenza do Supremo destaca que Pego e Gorriarán lograron prexubilacións millonarias nunha caixa quebrada "cando xa levabamos tres anos achegando cartos públicos ás entidades bancarias" e non acepta que os acusados aleguen "descoñecer" as razóns xurídicas que os "obrigan a responder do diñeiro do que se apropiaron procedente dos recortes públicos sufridos pola maioría de cidadáns"