Política
Feijóo xa non se desbota para substituír a Rajoy e reitera a súa ignorancia sobre que Marcial Dorado era narco
O presidente da Xunta teima na tese do terrorismo incendiario durante a súa aparición no programa Salvados, onde desdeñou a folga feminista e se esforzou por presentarse como alleo ás tramas corruptas que afectaron ao PP nas últimas décadas
Feijóo intensifica a súa campaña interna no peor momento de Rajoy
O presidente da Xunta prodígase en entrevistas en medios estatais onde lanza críticas á comunicacion do PP e confronta con Ciudadanos. Repite que non se ve outra vez candidato nunhas eleccións galegas e a súa contorna admite que se deixa ver por se o líder dos populares en España non repite
Caballero sitúa o PSdeG como referencia nas locais fronte aos "problemas de xestión" doutras forzas
O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, pediu no Comité Nacional "apoio e orientación" a toda a militancia socialista para que o partido sexa o "mellor instrumento" para o cambio en Galicia
O PP converte a súa promesa dunha “autovía” Ferrol-San Cibrao para 2012 nun arranxo da estrada actual
A conselleira de Infraestruturas anuncia a supresión dunha curva cada dous quilómetros da vía actual ao tempo que desbota estudos previos xa realizados para o futuro corredor e anuncia outros novos
Fomento lanza unha reforma da estación de Ourense que engade incerteza sobre a chegada do AVE ao resto de Galicia
Modifica a disposición das vías de xeito que só os trens con ancho ibérico poderán continuar cara ao resto de Galicia mentres que os de alta velocidade con ancho internacional non poderán pasar de alí
O Parlamento reclama maior interese polos residuos nucleares vertidos fronte á costa galega
Os catro grupos aproban de xeito unánime, a iniciativa de En Marea e co apoio tamén do PP, que Xunta, Goberno central e os países responsables dos vertidos fagan todo o posible para obter información sobre o seu estado
O informe sobre Meirás "cambia o escenario": a Deputación instará a Patrimonio Nacional a recuperar o Pazo
A entidade provincial confía no "consenso" de partidos e institucións galegas para pedir a este organismo estatal que reclame a recuperación do inmoble para o ben público en base ao documento que certifica a nulidade da transmisión aos Franco
O apoio á folga feminista chega á presentación da campaña da Xunta polo 8M
Unha das estudantes autoras do cartel do Goberno galego para o Día da Muller aproveita o acto no que foi presentado para apostar por participar no paro convocado polos movementos feministas
Cando o presidente da Xunta se reunía con contrabandistas fuxidos ao norte de Portugal
O Diario de Sesións do Parlamento recolle as explicacións de Albor sobre aquel encontro nun pleno de novembro de 1984
Galicia acelera na batalla legal por recuperar a riqueza espoliada polos Franco
A comisión de expertos da Xunta e a da Deputación avalan a nulidade da transmisión de Meirás á familia do ditador e apostan pola vía xudicial que xa tomou o Concello de Santiago para recuperar as figuras do Mestre Mateo, mentres A Coruña medita como devolver a Casa Cornide ao público
A fundación da Xunta que tutela 3.000 adultos cumpre tres anos sen xerente inzada de eivas no seu funcionamento
Política Social atribúe a demora a “cuestións administrativas” que non aclara e resta importancia á vacante