O Parlamento votará a reprobación do fiscal de Ourense por pedir xulgar á denunciante de Baltar
Ana Pontón anuncia que o BNG formulará unha iniciativa para que a Cámara pida a dimisión de Florentino Delgado, o que obrigará o PP a tomar posición ao respecto. En Marea e colectivos feministas reclaman tamén o seu cesamento.