Política
En Marea e BNG escenifican o seu apoio ao referendo catalán
As dúas formacións, xunto a outros partidos, sindicatos e colectivos, apoian a consulta do vindeiro 1 de outubro e participan na concentración da ANC celebrada en Compostela. Vídeo no interior.
O primeiro ministro portugués clausura o congreso do Eixo Atlántico coa Xunta ausente
António Costa ve o Eixo "consolidado como um dos grandes motores de desenvolvimento" e mostra dunha Europa "aberta para o mundo". "Chamou especialmente a atención a ausencia de representantes da Xunta", di a entidade que agrupa os concellos de Galicia e o norte de Portugal
O referendo catalán é constitucional
Xoán Antón Pérez-Lema
Marina Castaño e o ex-conselleiro Dositeo Rodríguez, a xuízo por malversación na Fundación Cela
A maxistrada rexeita a solicitude de arquivo e abre xuízo oral contra o ex-dirixente popular, a súa filla, a viúva do escritor e o ex-xerente da institución, acusados de simular o despedimento deste último e acordar unha indemnización de 150.000 euros. Serán xulgados por un tribunal popular
A Xunta non atopa empresa para o servizo de salvamento tras vender os helicópteros que tiña
A Consellería do Mar vén de declarar deserto o concurso para contratar os helicópteros de salvamento marítimo, ao que só concorreu unha empresa. A Xunta vendeu en 2012 os helicópteros pola metade do que custaran sen facer un estudo sobre a "repercusión" da operación, segundo o Consello de Contas
Unha investigación penal e outra de Competencia poñen en dúbida as adxudicatarias do AVE galego
As sospeitas sobre a execución das obras por parte das empresas engádense ás que a causa de Angrois ten abertas sobre a xestión e operación posterior da liña por parte de Adif
Feijóo afirma que A Coruña e Santiago "son incapaces de aprobar os orzamentos", ambos en vigor
As contas de Santiago están en vigor dende marzo e as da Coruña, dende maio, mentres que o goberno de Ferrol aínda non as deu aprobado. O Concello de Ourense, única cidade gobernada polo PP, ten o orzamento prorrogado dende 2014.
Desmigallando un chisquiño En Marea II
Beatriz Gómez Gómez
O PP ameaza con despedimentos e incomunicación se non sae adiante o seu plan de bus rural
A oposición critica os “anos sen facer nada” da Xunta por mellorar o transporte ata que unha sentenza a obrigou a actuar
O PP impide investigar os contratos de Villar Mir coa Xunta para non "destruír a democracia"
En Marea e BNG lamentan que os populares impidan aclarar as relacións do Goberno co empresario que agarda autorización para vender as centrais de Ferroatlántica nunha comisión que finalmente tamén apoiou o PSdeG
A Xunta oponse por primeira vez en 20 anos a que a oposición impulse unha lei no Parlamento
O Goberno emite un ditame contrario á toma en consideración dunha proposición do PSdeG para fixar prazos de cumprimento á lei dos medios públicos de comunicación. O Executivo non promulgaba un informe negativo coma este dende novembro de 1995.