Política
O investimento do Estado en Galicia cae un 32% ao chegar á fin das grandes partidas do AVE
GRÁFICOS O Ministerio de Facenda entrega ao Congreso o proxecto de Orzamentos para 2017 con algo máis de 924 millóns de euros previstos en proxectos para Galicia, de novo capitalizados pola conexión ferroviaria con Madrid
O directivo de Adif investigado por homicidio e lesións en Angrois négase outra vez a declarar
VÍDEO NO INTERIOR | O ex-xefe de Seguridade ao que o xuíz fai responsable de non evitar o accidente agardará a que a Audiencia resolva o recurso que presentou contra a súa imputación, a terceira que recibe
Francisco Pillado: "Os valores republicanos deféndense peor agora"
ENTREVISTA O escritor, editor e figura clave no teatro galego foi recoñecido como Republicano de Honra 2017 pola CRMH da Coruña. "A Xunta non apoia nada a cultura galega, non hai estímulo... Cartos hai, pero para outras cousas", di o tamén presidente da Fundación Praza Pública.
A UE volve desmentir a Adif e certifica que incumpriu a súa obriga de analizar o risco de Angrois
A Axencia Ferroviaria Europea desmonta a argumentación de que a normativa non o esixía, como defende a empresa pública, cuxo ex-director de seguridade está citado no xulgado como imputado este martes
A Valedora fai públicos no Parlamento datos privados de tres persoas sen fogar
Otero teima, co apoio do PP, en situar o problema por diante doutros máis numerosos e critica unha suposta proposta de “arranxar pontes para que as persoas sen fogar vivan debaixo delas” na Coruña
Villares tamén será voceiro da coordinadora de En Marea
A nova coordinadora tivo 18 votos a prol e 2 abstencións; 12 persoas do Consello non participaron na votación. Villares admite que sería "desexable" aprobar unha dirección "integradora", se ben o xeito en que se produciu a elección tamén "forma parte da normalidade"
2017: O ano dos plenos locais retransmitidos en directo?
As catro deputacións, seis das sete cidades (todas agás Vigo) e outros concellos, como Lalín, Sada, Bergondo, Xinzo de Limia, Ribadavia, O Porriño, Ponteareas ou Miño, xa permiten seguir as súas sesións de debate a través da rede. Unha lista que non deixa de crecer
CRÓNICA | Guerra de relixión no Parlamento de Galicia
O PP defenderá no último pleno antes da Semana Santa dúas iniciativas que regresan á polémica a respecto dos vínculos entre política e relixión
Tres eran tres
Xosé Antón Jardón
Fomento escúsase polos Orzamentos do Estado para Galicia antes de que sexan públicos
Tras varios anos chamando a atención sobre o incremento de partidas o Goberno de España tenta amortecer o impacto da súa diminución, derivada do avance de obras do AVE a Madrid
Anova referenda a Antón Sánchez como portavoz nacional e chama a "fortalecer a unidade popular"
A nova permanente de Anova estrutúrase en dúas grandes áreas: Acción Política, con Iria Otero á fronte, e Coordinación, para a que foi elixido Raúl Asegurado. Sánchez subliña que na elección da coordinadora e portavocías de En Marea "a cuestió nominalista é o de menos"