Política
A Coruña reacciona ante o intento do Porto de enriquecerse coa venda dun espazo público
A Autoridade Portuaria quere traspasarlle á inmobiliaria Río Mero o complexo deportivo La Solana e o Hotel Finisterre por 10 millóns de euros, incumprindo o acordo ao que chegara co Concello, que en outubro exerceu o seu dereito de compra directa. A Comisión Aberta en Defensa do Común, que esixe a devolución gratuíta, convoca unha concentración este xoves
A oposición de Ourense pacta un programa conxunto e abre a porta a desbancar o PP
Democracia Ourensana, PSdeG e Ourense en Común acordan un documento de "conclusións programáticas" que agora someterán aos seus órganos internos para valorar se poden chegar a un "proxecto común". Jesús Vázquez erixe o seu goberno en "exemplo" para o resto de cidades.
Baltar menospreza a oposición parlamentaria por reprocharlle que é investigado por acoso sexual
O presidente da Deputación de Ourense cualifica as voceiras de En Marea, PSdeG e BNG de ignorantes e carentes de educación por esixiren a súa dimisión e reprochárenlle actitudes "caciquís"
Fomento reitera no Congreso que non haberá traspaso da AP-9 a Galicia
De la Serna deixa claro que o Estado non ten intención ningunha de transferir a autoestrada e advirte que é unha vía "suprarrexional" e da rede estatal e que a intecnción é manter a súa titularidade. O ministro tampouco pon prazos para o AVE e négase a responder sobre o accidente do Porriño.
O Eixo Atlántico advirte de que a Cimeira Ibérica será "unha fraude" se non conta coas entidades da 'raia'
A mobilidade, a xestión das emerxencias ou a sanidade son asuntos prioritarios para os municipios fronteirizos, advirte o Eixo. "Se non hai xuntanza previa con representantes da fronteira para abordar problemas reais, a Cimeira será un produto mediático", din.
Trinta e cinco anos de Parlamento galego: ledicia e inquietude no nacemento da autonomía
O 19 de decembro de 1981 constituíuse no compostelán Pazo de Xelmírez o primeiro Parlamento de Galicia entre lembranzas ao Estatuto do 36, con medios precarios e a esperanza de que a autonomía puidese abordar algúns dos principais problemas do país
Lores ligará o orzamento do goberno de Pontevedra a unha cuestión de confianza se non é aprobado
O alcalde pontevedrés retira da orde do día do pleno as contas emendadas pola oposición por seren "manifestamente ilegais" e somenterá a votación o proxecto orixinal. O resto de grupos reclaman votar o orzamento emendado e o PP acúsao de ser "como Maduro"
Urkullu e o dereito a decidir
Xoán Antón Pérez-Lema
Condenado o ex-alcalde de Vimianzo por fraude e prevaricación en contratos do Concello
O ex-rexedor Alejandro Rodríguez, di a sentenza, adxudicou "a dedo" 135.000 euros en contratos "fraccionados artificiosamente" para reparar pistas e camiños antes das eleccións municipais de 2011
Leiceaga: "Precisamos que a rexeneración do Partido Socialista sexa profunda, permanente e crible"
ENTREVISTA Xoaquín Fernández Leiceaga inicia a súa nova xeira como voceiro parlamentario do PSdeG tras unhas eleccións de resistencia para o partido e agarda pola "reorganización" interna para poder volver conectar cun electorado que, di, pide máis que "simple oposición ás medidas do PP"
O BNG culminará a súa "redefinición" en Asemblea Nacional o 25 e 26 de marzo
O Bloque pon en marcha o seu calendario de asemblea tras rexistrar, afirma Pontón, "310 novas altas de militantes" nos últimos meses. "Nas eleccións tivemos a primeira proba de que imos polo bo camiño", sinala a portavoz nacional da formación soberanista