Podemos e o nacionalismo manteñen forza nunhas listas mestizas de En Marea
Luís Villares, número 1 por Lugo, ratificado como candidato á presidencia co 87% do apoio nunhas primarias con máis de 10.000 votantes. Antón Sánchez, de Anova, liderará A Coruña; Carmen Santos, de Podemos, Pontevedra; e Ánxeles Cuña, vinculada a EU, Ourense. A formación morada, dividida, copa os primeiros postos nas provincias atlánticas e o nacionalismo, nas do interior.