Política
Podemos evidencia as súas diferenzas nas primarias de En Marea
A lista impulsada polos deputados no Congreso pide un apoio "claro" a quen apostou pola confluencia. A formación morada chama a votar para que "unha #MareaMorada inunde En Marea"
Con Luís Villares. Nova política en Galicia
Praza Pública
Pontón aposta por un cambio “dende Galiza" e "non ao servizo de ningunha forza estatal"
A candidata do BNG fai un chamado á xente "desencantada dos líos, as loitas de poder, os personalismos e os intereses das cúpulas" e asegura que “non chega con dicir que Galiza é unha nación para non cambiar nada". "Hai que dar un paso adiante para un autogoberno real”, di.
A prepararse para a hora da verdade
Paula Quinteiro
Podemos presenta dúas candidaturas, oficialista e crítica, ás primarias de En Marea
A secretaria galega, Carmen Santos, cabeza de lista por Pontevedra, pídelle ao candidato da confluencia, o xuíz Luís Villares, que faga “que o queiramos moito”.
Podemos cede e diluirase na Marea para as autonómicas
A intervención a última hora de Pablo Iglesias, que anunciou nun chío un acordo "sexa cal sexa a fórmula", foi clave para confirmar a alianza. A formacióm morada renuncia ás súas siglas, intégrase no partido instrumental, celebrará primarias conxuntas e acepta a Villares como candidato.
Só 18 dos 62 altos cargos do “goberno estable” de Feijóo seguen no posto desde 2009
“Estabilidade” é unha das palabras máis empregadas polo presidente da Xunta para eloxiar o seu executivo fronte as alternativas que ofrecen outros partidos, pero pouco se parece ao que nomeou hai sete anos ou mesmo ao que configurou na súa segunda investidura a finais de 2012.
En Marea e Podemos, incapaces de chegar a un acordo
A negociación remata sen alianza pola "diferenza insalvable" da fórmula xurídica. O espazo de confluencia mantén a súa firme aposta polo partido instrumental como única opción e abre a porta a que o partido morado, que asume "concesións", acabe integrándose.
Pontón contrapón as "guerras de poder" doutros partidos cun BNG "centrado nas propostas"
A candidata do BNG á presidencia da Xunta asegura que "é necesario superar o Estatuto e aplicar políticas na defensa do noso idioma e cultura" durante a presentación da candidatura pola Coruña.
En Marea avala a Luís Villares como "único candidato" da confluencia
Presenta o seu aspirante á Xunta e advirte, en clara alusión a Podemos, de que a decisión "non ten volta atrás". 18 listas preséntanse ás primarias do espazo galego, incluídos membros da formación morada contrarios á estratexia da dirección galega de non diluírse no partido instrumental.
Echenique apura un acordo con En Marea, que descarta de vez a coalición
O secretario de Organización de Podemos chega a Galicia na busca dun pacto de última hora tras pecharse os prazos de inscrición nas primarias de ambas formacións. A confluencia só dará tempo "extraordinario" a Podemos para participar no proceso se acepta diluírse na Marea. De non facelo, irán por separado.