Baltar deixaría a Deputación e Lugo e Ourense perderían escanos co pacto Rajoy-Rivera
Entre as seis condicións que pon Ciudadanos para apoiar a investidura está o cesamento dos imputados por corrupción e a creación dunha comisión de investigación sobre o financiamento do PP, con ramificacións en Galicia. Feijóo, Barreiro ou Pastor están no órgano que decidirá se os populares aceptan.