O Consello da Xunta duplica a aprobación de asuntos sen valor legal no inicio do ano electoral
No que vai de ano o Goberno galego tratou en cada xuntanza semanal unha media de seis informes, documentos destinados a colocar na axenda pública asuntos de interese do Executivo pero sen tradución económica ou xurídica ningunha.