A dirección do PP defende a "obriga" de apoiar a Baltar e o seu "magnífico" labor
Os populares frean unha solicitude de comparecencia do presidente da Xunta sobre o seu aval ao barón ourensán e cren unha "parvada" as críticas da oposición, que censuran o apoio malia á investigación polo presunto ofrecemento de emprego por sexo.