Política
De Lara imputa a Besteiro e outras seis persoas na operación 'Pulpo'
A maxistrada ergue o segredo da investigación sobre un plan turístico da Deputación de Lugo xusto despois de que Pedro Sánchez avalase o líder do PSdeG, a quen agora atribúe seis presuntos delitos. O secretario xeral dos socialistas convoca de urxencia a súa Executiva Nacional para este sábado.
Reinventar a esperanza
Xaime Subiela
Guía para coñeceres os soldos do Parlamento galego, públicos por primeira vez
A Cámara galega publica por primeira vez as remuneracións dos seus membros, pero en formato pechado e non reutilizable. Durante 2015 os salarios do lexislativo sumaron 4,6 millóns de euros e os membros da Mesa cobraron máis que o presidente da Xunta.
Beiras insiste en "reformular" En Marea de cara ás autonómicas
O líder de Anova aposta por virar a coalición nun "partido instrumental" que facilite a súa ampliación e asegure tamén o grupo propio no caso de que se repetisen as eleccións xerais.
Feijóo asume o incumprimento do gasto "cero" en alugueiros que prometeu para esta lexislatura
O Goberno galego renuncia á promesa incluída no programa electoral do PP e adía a 2017, primeiro ano do vindeiro mandato, o obxectivo de reducir o importe dos arrendamentos da Xunta a 1,7 millóns anuais.
Sánchez garante que o PSOE nunca "porá en perigo" os gobernos municipais das mareas
O líder do PSOE dáse un baño de masas na Coruña e asegura que, se goberna, terá en conta unha "axenda galega". Tende a man a Podemos pero renuncia a "un goberno só de esquerdas" e reclama "un executivo transversal" xunto a Ciudadanos.
Mapa interactivo: explora os salarios dos 63 altos cargos do Goberno da Xunta
A Xunta vén de estrear o seu novo portal da transparencia. O sitio web ofrece algúns datos novos e recompila outros antes espallados, como as remuneracións dos altos cargos. Coñece polo miúdo con esta ferramenta os soldos do Executivo, que suman 3,6 millóns ao ano.
Na roda da explotación
Eva Solla
Concellos e entidades sociais celebran a anulación parcial da reforma local
A sentenza do TC permitirá que os municipios ofrezan servizos sociais e sanitarios. O Colexio Oficial de Traballo Social destaca que o ditame “avala o municipalismo" e que "supón un balón de osíxeno para o cuarto piar do Benestar Social"
A mareas votarán en cada municipio os "principios básicos" para confluír nas galegas
Aproban un borrador cos "marcos comúns" que será validado por cada plataforma local e que servirá de base para ampliar o proceso a outros procesos municipalistas e implicar a cidadanía.
A policía leva contratos do goberno do PP na Coruña por presunto tráfico de influencias
Axentes da policía xudicial incautan dous expedientes de 2011 e 2012 no consistorio coruñés referidos a contratos de bibliotecas municipais.