O 20D baixa a Ciudadanos do ceo das enquisas
A formación laranxa obtén un deputado por Galicia malia a súa polémica campaña, pero reduce as expectativas que lle daban todos os inquéritos, que prognosticaban maior apoio electoral e dous escanos.
A formación laranxa obtén un deputado por Galicia malia a súa polémica campaña, pero reduce as expectativas que lle daban todos os inquéritos, que prognosticaban maior apoio electoral e dous escanos.
O devalo urbano dos conservadores oscila entre o 23% en Ourense e o 32% de Vigo, onde perderon a primeira praza ao seren superados por En Marea. A plataforma de Anova, Podemos e Esquerda Unida aséntase no resto de urbes como segunda forza e na Coruña fica a menos dun punto do PP.
A suma de En Marea e PSdeG supera nuns 3.000 votos a de PP e Ciudadanos. Os últimos comicios nos que a representación da esquerda estivo sustentada en máis votos que a da dereita foron os galegos de 2009.
Xosé Luís Rivas, 'Mini', obtivo na provincia da Coruña case 20.000 votos máis que NÓS; García Buitrón, senador electo de En Marea, acadou 23.500 menos que a súa formación. O apoio aos candidatos nacionalistas ao Senado supera o recibido pola propia candidatura.
A candidatura, con 408.370 apoios, compite de igual a igual co PP na Galicia urbana e as comarcas máis poboadas. Gaña en Vigo, Redondela, Moaña, Cangas, O Grove, Narón, Ames, Arteixo, Cambre, Culleredo, As Pontes, Fene, Mugardos e Corcubión
O barón ourensán esgrime que os seus resultados son dos mellores do Estado tras retroceder 22 puntos e deixar de contar con máis da metade dos sufraxios da provincia. "Poñémonos a traballar nas eleccións autonómicas", advirte.
A unión dos votos conseguidos nas xerais por En Marea e NÓS restaría un escano ao PSOE e deixaría fóra a Ciudadanos
Repasamos os resultados nas xerais nos espazos vilegos nos que o PP comezou a retroceder o pasado maio.
Antonio Rodríguez, que protagonizara unha das polémicas na campaña tras admitir que as propostas para Galicia non se farían ata despois dos comicios, será deputado pola provincia da Coruña.