Santiago súmese na súa peor crise institucional cun goberno ao 30%
O esgotamento da lista configura un panorama no que todo semella indicar que Currás terá que combinar os restos da lista con edís non electos para peregrinar ata a fin do mandato. A oposición local censura a "irresponsabilidade" do PP mentres a dimisión da edil de Educación eleva as vacantes a nove.