NÓS compromete "asentar un proxecto nacionalista" tras un resultado "malo sen paliativos"
A plataforma soberanista subliña que non foi "capaz de contrarrestar unha intensa campaña televisiva que centrou as expectativas en catro forzas estatais".
A plataforma soberanista subliña que non foi "capaz de contrarrestar unha intensa campaña televisiva que centrou as expectativas en catro forzas estatais".
Extrapolando os datos dos comicios xerais, os populares obterían 32 escanos (nove menos que na actualidade), por 6 do partido laranxa. En Marea acadaría 19 e o PSOE 18. NÓS non obtería representación, ao ficar por debaixo da barreira do 5%.
O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou a posición do seu partido como "segunda forza" por detrás do PP, argumentando que En Marea non é unha organización política, senón unha coalición de partidos.
Os populares manteñen o seu dominio nas catro provincias, repartíndose En Marea (na Coruña e Pontevedra) e o PSOE (en Lugo e Ourense) os catro postos restantes.
Os populares galegos perden máis de 200.000 votos a respecto das xerais de 2011 e fican por baixo do que ata agora fora o seu menor número de escanos por Galicia.
A candidatura de confluencia convértese na primeira forza en Vigo, é segunda nas outras seis cidades do país e consolida o seu éxito en todas as áreas urbanas, onde o PP sofre un importante retroceso.
Os populares gañan as eleccións en Galicia, con 10 escanos, cinco menos que en 2011. En Marea acada grupo parlamentario propio, con 6 representantes. O PSOE perde seis puntos pero mantén os seus 6 escanos. Ciudadanos obtén un deputado e o 10% dos votos
As dúas sondaxes publicadas prevén unha vitoria do PP no conxunto do Estado, cun máximo de 124 escanos, e unha axustada loita entre Podemos (por diante en votos) e PSOE (por diante en escanos) polo segundo posto. PP e Ciudadanos non sumarían maioría absoluta. En Galicia os populares ficarían en 9-10 representantes (15 en 2011), por diante de En Marea (6-8), PSOE (4-5) e Ciudadanos (1-2)
Tería votado o 58,51%% do censo electoral fronte ao 57,28% de hai catro anos, máis de un punto de diferenza. Increméntase a participación nas provincias da Coruña e Pontevedra e baixa nas de Lugo e Ourense.
Medra nas provincias da Coruña e Pontevedra e descende en Lugo e Ourense. No conxunto do Estado cae un punto, e só aumenta en Euskadi, Navarra, Madrid e as provincias de Valencia e Zaragoza
Este domingo é día de eleccións e chuvia, pero nin sequera as precipitacións, que irán cesando durante o día, serán escusa dabondo para evitar ir votar. Praza.gal comezará unha cobertura especial da noite electoral ás 19:50, co inicio da emisión radiofónica na que, contra as dez e media da noite, agardamos contar xa con datos definitivos duns comicios apaixonantes.
Dende as cero horas do sábado os partidos teñen prohibido pedir o voto e cesan as mensaxes electorais. No entanto, é posible recompilar algúns datos para repasar devagar nesta xornada: Que eliximos en Galicia? Quen se presenta? Como evolucionaron algúns indicadores do país nestes catro anos?