Política
Municipalismo e sentido de país
Xoán Antón Pérez-Lema
Feijóo volve rescatar desde Andalucía a súa idea de prohibir os gobernos de coalición
O presidente da Xunta presume nun acto de campaña do PP andaluz de que o seu partido é "o máis democrático" por manterse na oposición malia ser o máis votado e insiste en que o lóxico sería que gobernase a lista máis votada.
Podemos apoia a candidatura cidadá en Ourense pero non se presentará en Vigo
A formación opta por decisións diferentes nas dúas cidades onde non acadara o quórum para elixir a súa fórmula de cara ás municipais. Renuncia a confluír con ningunha das iniciativas cidadás xurdidas en Vigo, mentres oficializa a súa integración en Ourense en Común, que confirma unha ampla confluencia.
A necesaria unidade popular: Ferrol entre o o ideal e o necesario
Alexandre Carrodeguas
"O apoio á independencia de Escocia está a medrar cada día"
ENTREVISTA Guillian Martin, líder do colectivo escocés Women for Independence, visita Galicia para compartir con Anova actos sobre o papel do feminismo nos movementos polo dereito a decidir. Martin explica por que consideraron necesario xerar espazos específicos para implicar as mulleres na reivindicación independentista e augura que Escocia terá unha segunda oportunidade para votar na que o "si" será a opción "obvia".
E se Grecia ten razón, que hai que facer?
Suso de Toro
A patronal carga contra o galego tras cobrar un millón de Normalización Lingüística
A Confederación de Empresarios de Galicia esixe que o uso do galego non conte na obtención de axudas para cursos de formación, pero mantivo un Servizo de Normalización Lingüística mentres a Xunta llo financiou.
Grecia, a Hidra e a Unidade Popular
Antón Dobao
Mosquera acrecenta o lastre de Sanidade co seu enésimo conflito
A conselleira de Sanidade desbota deixar o cargo tras a dimisión de sete membros da Comisión de Bioética que denuncian a censura dun informe sobre desigualdades sanitarias. Mosquera fixo o propio ante outros conflitos como o do Hospital de Lugo ou a sentenza sobre o ascenso fraudulento do seu marido.
Podemos e as mareas: entre o apoio claro e a escasa participación
A falta de quórum impide unha decisión do partido en Vigo -con dúas opcións- e Ourense, onde a aposta pola confluencia semella clara, ao igual que en Pontevedra, que agarda a consulta como Ferrol. A confluencia xa é segura con Compostela Aberta, Marea Atlántica da Coruña e LugoNovo.
A Xunta non argumentou nos tribunais contra a contía da indemnización a Pescanova
ADEGA subliña que o ditame do supremo "calca os argumentos" que xa serviron para anular a piscifactoría de Rinlo, denunciada pola asociación ecoloxista. "Sexa como for, a patronal acuícola amiga do poder sempre gaña", lamentan.