Política
As 'mareas' non son só cousa das cidades
Ademais das sete urbes, en máis de corenta concellos de toda Galicia están en marcha candidaturas cidadás, ás que nas vindeiras semanas se poderían sumar novas plataformas e agrupacións de electores.
A Xunta insta a agardar ao "retorno" turístico para criticar o vídeo de Enrique Iglesias
O novo conselleiro de Cultura e Educación insta a non "mesturar" a achega á produtora do vídeo coa política cultural. O tabloide británico 'Daily Mail' faise eco da polémica e destaca que no clip figuran escasas imaxes de Galicia pero "unha morea de rapazas".
A Marea de Vigo ou a unidade popular en construción
Xaquín Pastoriza
A Xunta adhírese á nova reforma do aborto fronte á oposición "abortista"
Feijóo cuestiona os datos que acreditan que o 90% das menores que teñen que interromper o seu embarazo xa informan a familia e o PSdeG acúsao de "sacrificar" a seguridade das mozas para satisfacer "a caverna á que representan".
Feijóo garante agora os fármacos para a Hepatite C porque "isto non é Venezuela"
O presidente da Xunta acusa a oposición de "xogar cos doentes" e asegura que o Goberno galego dispensará todos os tratamentos segundo os "criterios" médicos, tal e como pedía a proposta que o PP rexeitou hai dúas semanas.
A Marea Atlántica xa ten candidato á alcaldía da Coruña
Todas as formacións que conflúen na iniciativa cidadá apostan por deixar a cabeza de lista a un candidato independente, Xulio Ferreiro, profesor de Dereito e único nome presentado para liderar a candidatura. En Ourense en Común, dez persoas aspiran a optar á alcaldía.
Rajoy presume de Pemex e AVE para negar o maltrato a Galicia que denuncia o BNG
O presidente do Goberno central presume de compromiso co país citando a alta velocidade e a suposta recuperación do naval galego, da que se atribúe os méritos. O Bloque acúsao de dirixir un Executivo "nulo e incumpridor" e de deixar un "panorama desolador".
Traballo asegura que "nunca" pagou 100.000 euros concedidos a Azetanet cando xa era investigada
A Consellería outorgoulle dúas subvencións á empresa de Crespo en 2013, pero segundo Beatriz Mato "endexamais" chegou a cobralas por incumprir os obxectivos marcados. O empresario estivo autorizado para impartir estes cursos ata o outono de 2014.
O fiscal critícalle á oposición de Vimianzo o uso da vía penal en "contendas partidarias"
O Xulgado de Corcubión exculpa o alcalde, Manuel Antelo, das acusacións dos edís tránsfugas que en 2013 promoveron unha moción de censura, abortada tras a expulsión do PSdeG-PSOE de dous concelleiros. Antelo cualifica de "gravísima" a actuación do PP en todo o proceso.
O PP desdeña a lei de publicidade proposta polos medios en galego: "Non serve nin para emendar"
Toda a oposición apoia a iniciativa da Asociación de Medios en Galego para regular por lei a asignación de fondos públicos á prensa e "promover a lingua galega" na comunicación. Paula Proclama que "ningunha campaña da Xunta" está "destinada a destacar logros" do Goberno.
Feijóo vólvese presentar ás municipais
Feijóo presenta os seus candidatos ás cidades como "garantía de estabilidade" fronte ás mareas catro anos despois de avalar tamén os seus aspirantes á alcaldías urbanas, dos que só recuncan tres. Vídeo no interior.