Política
Da patrimonialización á telepolítica
Gabriel Vezeiro-Sueiras
Moito que facer dende os concellos
A Lei de Racionalización da Administración Local, impulsada en solitario polo PP e recorrida ante o TC, limita a acción política dos gobernos municipais, pero aínda así é moito o que se pode facer dende os concellos, como no mandato que remata demostraron, entre outros, Amoeiro, Riotorto, Teo, Rianxo ou Manzaneda.
O PSdeG pide contas á Xunta pola condena ao xefe da Policía autonómica "por malos tratos" en 1976
A socialista Marisol Soneira cuestiona que Rueda se "fixase nunha persoa condenada por estes motivos" para dirixir a UPA. O director de Interior resalta que o comisario se vai xubilar e que "todas as persoas teñen dereito á rehabilitación".
Galicia arríscase a perder 300.000 euros de fondos europeos pola trama Zeta
A Xunta confirma que as autoridades comunitarias lle pediron información da presunta fraude nos cursos de formación xusto despois de que a trama irrompese na prensa. O PSdeG reprocha a imaxe que o caso proxecta de Galicia e o BNG anuncia unha pregunta na Eurocámara.
Imos esmorecendo, sen desabafo
Xosé Antón Jardón
A Xunta admite que non pode prohibir as doazóns de empresas a partidos, como prometeu Feijóo
O Goberno galego asume que a promesa do presidente bate coa lexislación estatal e anuncia unha lei para impedir que as forzas políticas con doazóns de persoas xurídicas teñan subvencións autonómicas.
Primeiro compromiso de Feijóo co portugués no ensino tras media década de promesas
A Xunta acorda co Goberno luso a introdución do portugués como lingua optativa na ensinanza tras anunciar hai case seis anos que estudaría a súa inclusión e logo de diminuír a presenza do galego. Estremadura ten 14.000 alumnos aprendendo o idioma portugués, fronte aos 2.000 de Galicia.
"Cómpre poñer en valor as nosas fortalezas como país, que son moitas"
ENTREVISTA Breogán Riobóo, primeiro secretario xeral de Podemos en Galicia, asegura que o partido non se limitará a ser "correa de transmisión" das directrices da dirección de Pablo Iglesias e coida que o PPdeG "ten medo" porque "sabe que non vai chegar máis alá de 2016" no Goberno.
Podemos: adeus, ética; ola, política
Suso de Toro
O PP tenta aplacar a súa marxe dereita cun recorte parcial do dereito ao aborto
Os conservadores presentan a reforma para recortar o dereito a interromper o embarazo ás mozas de 16 e 17 anos en vésperas da manifestación dos antiabortistas contra Rajoy. Os abortos de mozas menores de idade son apenas o 3% do total en Galicia.
Besteiro deixa a política local para "centrarse na construción dun proxecto para Galicia"
O líder do PSdeG confirma que se dedicará plenamente á política galega tras oito anos na Deputación de Lugo e traza as liñas mestras do seu programa, baseado "galeguismo de base económica".