Os medios en castelán reciben nove veces máis cartos da Xunta cós xornais en galego
A Xunta destinou 1,67 millóns aos xornais dos grandes grupos de comunicación, mentres repartiu menos de 182.000 entre os diarios integramente en galego por utilizar esta lingua, segundo afirma Amega, que denuncia "a desidia" do Goberno coa defensa do uso da lingua propia.