Política
Máis España ca nunca e que España
Suso de Toro
'Men in black' no Pazo do Hórreo
Dende hai tempo, a Presidencia do Parlamento retira do Diario de Sesións as expresións da oposición que considera inconvenientes. A consecuencia práctica é un cercenamento dun anaquiño da historia política do país.
Feijóo atribúe ao bipartito os atrasos da dependencia no sexto aniversario do seu 'Contrato'
O presidente da Xunta admite "falta de capacidade orzamentaria" para atender a todas as persoas dependentes pero achácaa á xestión de PSdeG e BNG na Xunta. Os socialistas ínstano a "responder do seu": "dicir que a culpa é dun Goberno de hai seis anos é faltar á intelixencia", di Romeu.
Feijóo gábase da súa política lingüística e de inverter o declive do galego
O presidente da Xunta presume de datos do IGE e considera que "se incrementa o cambio de tendencia en favor da lingua propia" ao tempo que adianta que activará desde a SXPL un plan para "dinamizar" o idioma en coordinación coa RAG e outras entidades.
A xuíza ve "referendada" facturación irregular no PP de Ourense
A investigación do caso Pokémon ve confirmadas acusacións do ex xerente dos populares ourensáns e a maxistrada atopa facturas que, cre, sustenta o "sistema" artellado para ocultar gastos electorais por riba do "límite legal". De Lara emite un auto no que reclama novos datos de facturación a nome de dirixentes populares.
O resultado electoral de 1989
Xesús Veiga
E ti non tes conta en Suíza, 'pringao'?
Antón Losada
Bolsas de estudo municipais para rendas de 116.000 euros
O Concello da Coruña outorga axudas a familias con rendas superiores a 60.000 euros para que os seus fillos estuden inglés nos Estados Unidos. O grupo socialista denuncia que o cambio de baremo provoca que queden fóra mozos con moitos menos recursos económicos.
A Xunta non impedirá os cortes de luz á poboación galega que non poida pagala
Os conservadores vetan a proposta do BNG que, apoiada por toda a oposición, pretendía que a Xunta garantise o subministro de luz e gas ás persoas sen recursos para sufragalo. O PP impide a tramitación da norma pero manifesta a súa "solidariedade" con quen sofre "esta lacra".
O PP sería a primeira forza no Congreso e Podemos, a máis votada
O partido que lidera Pablo Iglesias mantense un punto por riba dos populares en intención de voto pero obtería menos escanos. O PSOE recupérase levemente e o BNG mantería os seus dous escanos, segundo O Mirante de febreiro.
Medio Ambiente propón amortizar 60 postos de traballo e despedir a 10 traballadores
A CIG defende que os postos "son necesarios" nun departamento con abundantes subcontratacións a través de Tragsa. "A Consellería parece que tampouco cre as promesas de recuperación económica da propia Xunta", di.