O BNG renuncia ao envío masivo de papeletas e pide ao resto de partidos que o imiten
O Bloque rexeita o 'mailing' "por hixiene democrática e por aforro" e empraza o resto de forzas a que tamén o fagan para "aforrar 2 millóns de euros" de cartos públicos. A formación nacionalista anuncia unha campaña para as municipais "distinta á das forzas políticas do sistema".