A mansión de Marcial Dorado no centro de Vilagarcía será un centro público para maiores
A delegada do Plan Sobre Drogas aceptou retirar o deteriorado chalé da inminente poxa e venderllo ao Concello vilagarcián, que lle dará "uso social relacionado coa terceira idade" unha vez rehabilitado. Segundo a sentenza que condenou a Dorado por branquear cartos do narcotráfico, este foi un dos bens mercados "con diñeiro de actividades ilícitas" a través dunha sociedade con sede en Liechtenstein