Pontevedra
O Concello de Pontevedra paraliza as obras en ENCE por non ter licenza
O goberno local ordena a "suspensión inmediata" das obras que saltaron á controversia pública por mor do incendio do 5 de decembro e abre expediente á pasteira, que disporá de tres meses para tramitar a licenza. A empresa alega que as obras están "amparadas" no Plan de Incidencia Supramunicipal do asentamento industrial de Lourizán, pero o Concello rebáteo
As obras que causaron o incendio de ENCE carecen de licenza municipal
A empresa nega as acusacións do Concello e asegura que o accidente se debeu á desmontaxe de equipos obsoletos. O Goberno municipal comunicará nos vindeiros días "a paralización de todos os traballos ilegais que se realizan en Lourizán". O lume, que provocou unha gran fumareda visible dende toda a comarca, comezou ás nove da mañá e foi sufocado media hora despois.
Elnosa confirma que marcha de Pontevedra e culpa o Concello pola súa "oposicíon destrutiva"
A empresa culpa do seu peche á posición contraria do goberno municipal e á "incerteza sobre a renovación da concesión dos terreos por parte do Estado".
O comercio polo miúdo do Salnés rexeita participar no 'Black Friday' por prexudicar as tendas locais
Establecementos de Vilagarcía e Cambados anuncian que non realizarán rebaixas este venres e pídenlle á poboación que apoie o comercio local, alertando de que o seu peche "provocaría un gran impacto económico" e un "efecto dominó", levando á "desertización do centro urbano"
A mansión de Marcial Dorado no centro de Vilagarcía será un centro público para maiores
A delegada do Plan Sobre Drogas aceptou retirar o deteriorado chalé da inminente poxa e venderllo ao Concello vilagarcián, que lle dará "uso social relacionado coa terceira idade" unha vez rehabilitado. Segundo a sentenza que condenou a Dorado por branquear cartos do narcotráfico, este foi un dos bens mercados "con diñeiro de actividades ilícitas" a través dunha sociedade con sede en Liechtenstein
O Curtas Film Fest de Vilagarcía premia o cine de intervención social
Repasamos os filmes gañadores dos premios do Festival de Cinema e Banda Deseñada de Vilagarcía de Arousa
A Deputación de Pontevedra denunciará o alcalde do PP que chamou a Silva "chacha para todo" de Abel Caballero
En Marea e BNG únense ao PSdeG na petición de dimisión do rexedor vilanovés e o PPdeG cre "desafortunadas" as súas verbas, pero non avoga por que deixe o cargo. Durán retruca que "chacha non é un insulto" e insta a Carmela Silva e Abel Caballero a "dimitir eles"
As historias invisibilizadas das mulleres do Deza represaliadas polo Franquismo
Manuel Igrexas, profesor no IES Laxeiro de Lalín, publica no seu blog Historias de Deza os detalles da represión sufrida dende xullo de 1936 por unha vintena de mulleres da comarca. "A excepción duns poucos nomes de paseadas ou fusiladas, poucas veces as mulleres aparecen citadas nos estudos sobre a represión franquista en Galicia", sinala