A fin do carbón
Galicia seguirá exportando enerxía tras o peche de Meirama
Os 2.600 GWh producidos pola central térmica, que pechará no 2020, serán compensados case na súa totalidade polo previsto incremento da xeración eólica. Cada ano entre 6.000 e 13.000 GWh son transferidos a outras comunidades autónomas. As enerxías renovables están preto de cubrir a demanda interna galega
A térmica de Meirama pecha tras 40 anos como símbolo de loita, industria e contaminación
Naturgy anuncia a fin da central de carbón ubicada en Cerceda, impulsada ao abeiro da mina que asolou As Encrobas e provocou a súa icónica revolta, polo industrial de toda unha comarca e unha das principais emisoras de gases de invernadoiro en Galicia.
Naturgy confirma ao Estado que non vai cumprir a normativa ambiental e pechará a térmica de Meirama
A antiga Gas Natural Fenosa pídelle ao Goberno central autorización para pechar a instalación de Cerceda tras non realizar os investimentos necesarios para cumprir cos requisitos medioambientais da UE. Propón un investimento de 80 millóns e a creación dun novo parque eólico.
Greenpeace escala a central de Meirama para esixir o peche das centrais térmicas de carbón
A acción serve de anticipo ao Día de acción Global contra o carbón, que este sábado buscará chamar a atención sobre a necesidade de abandonar este combustible fósil, responsable dunha parte importante das emisións de CO2 e do cambio climático. A plataforma Galiza, Un Futuro Sen Carbón convoca unha concentración nas Pontes.
"O peche planificado das centrais de Meirama e As Pontes é a única forma de salvar os empregos"
ENTREVISTA | A plataforma Galiza, Un Futuro Sen Carbón iniciou mobilizacións para concienciar a poboación sobre a necesidade de clausurar canto antes as dúas centrais térmicas, que provocan o 34% dos gases de invernadoiro de Galicia. Esíxenlle ao Goberno central un calendario para poñer fin á súa actividade e medidas de apoio para as comarcas afectadas
A térmica de carbón de Meirama vai pechar en 2020?
Xosé Veiras escribe no blog Un Claro no Bosque que "hai boas razóns para que a central térmica de carbón de Meirama peche en 2020, mais polo de agora non hai ningunha decisión a ese respecto. A pesar do que titulan hoxe varios medios galegos"
Greenpeace sinala o uso do carbón e bloquea durante horas na Coruña a carga destinada a Meirama
O grupo ecoloxista 'atranca' a 'Medusa' no porto coruñés durante oito horas e desprega unha gran pancarta na súa cúpula para "chamar a atención do Goberno sobre a necesidade de rematar coa queima de carbón e substituílo por enerxías limpas". Catro activistas foron detidos. Vídeos no interior.
As térmicas de carbón incrementan nun 10% as emisións galegas de CO2
O Ministerio de Medio Ambiente e a Xunta veñen de facer públicos os datos oficiais de 2012 de emisión de gases causantes do cambio climatico, que crecen por culpa das centrais das Pontes e Meirama. Unha reportaxe do blog Un claro no bosque.
A produción eléctrica con carbón dispara as emisións galegas de gases de efecto invernadoiro
A pesar da crise económica, o repunte da produción das centrais térmicas de Meirama e As Pontes fixo que as emisións nocivas crecesen o 6,6% en 2011 en Galicia. ENDESA é responsable do 25% das emisións galegas, como se recolle no blog Un Claro no Bosque.