Caen as torres de refrixeración, queda a cheminea: As Pontes perde outro símbolo industrial
A voadura dos catro grandes depósitos remata coa paisaxe icónica da vila pontesa e da central térmica, que funcionou durante máis de medio século e deixou de queimar carbón hai tres anos. Malia as intencións iniciais de derrubalas a un tempo, dúas caeron á hora prevista e as outras, un cuarto de hora máis tarde.