Alcoa
"Somos competitivos, somos unha planta eficiente. Se hai vontade política, hai solución para Alcoa"
Representantes do Comité de Empresa de Alcoa reuníronse co presidente da Xunta e co delegado do Goberno central, que lles expresaron o seu apoio pero discreparon nas razóns do peche da planta. O pleno municipal da Coruña aprobou por unanimidade unha moción que insta a todas as administracións a traballar unidas para manter a actividade da factoría. Este sábado ás 11 unha manifestación percorrerá as rúas da cidade
Alcoa facturou 3.000 millóns de euros no terceiro trimestre, un 15% máis que hai un ano
A multinacional anuncia que perdeu 35,6 millóns entre xullo e setembro, pero o beneficio neto supera os 100. O xigante do aluminio recibiu uns 1.000 millóns de euros en axudas na última década para abaratar os custos enerxéticos e xa van máis de 130 no que vai de ano- Mobilización permanente na fábrica e manifestación este sábado contra o peche de Alcoa
- O Estado aprobou este mes esa rebaixa da tarifa eléctrica para a industria vasca
- Beneficios millonarios tras a privatización de Aznar en 1998
Mobilización permanente na fábrica e manifestación este sábado contra o peche de Alcoa
O persoal da factoría coruñesa organízase en quendas nun campamento permanente ás portas da empresa para impedir a saída de metal en protesta polo anuncio de peche e do despedimento dos 369 traballadores.
O Estado aproba a rebaixa da tarifa eléctrica para a industria vasca tras o visto e prace de Bruxelas
O Goberno central aplica unha mudanza tarifaria que supón unha rebaixa global duns 50 millóns de euros para un milleiro de empresas de Euskadi
Alcoa anuncia o peche da súa fábrica na Coruña, con 400 traballadores
A multinacional anuncia a fin da planta coruñesa e da de Avilés, que xustifica pola "menor capacidade de produción das plantas, unha tecnoloxía menos eficiente e elevados custos fixos", ademais de pola "sobrecapacidade de produción de China"
- O Estado aprobou a rebaixa da tarifa eléctrica para a industria vasca tras o visto e prace de Bruxelas
- Beneficios millonarios tras a privatización de Aznar en 1998
- 2012 | Persoal de Alcoa reivindican os seus traballos cunha doazón masiva de sangue
- 2014 | Alcoa anula os despidos e manterá a planta da Coruña
O persoal de Alcoa fará folga polo despedimento dun traballador tras un grave accidente laboral
En xuño un obreiro sufriu queimaduras nun 85% do seu corpo e a consecuencia do sinistro un empregado foi despedido e outro amoestado. O Comité de Empresa denuncia as eivas de seguridade na factoría, das que responsabiliza a compañía
Alcoa mantén o mutismo pero asume que venderá ou buscará investidores
A multinacional, decidida a desfacerse das súas plantas en Galicia logo de compralas hai 18 anos e despois de anos de beneficios. A firma mantén a incerteza ante os traballadores, que non teñen información oficial ningunha sobre o futuro.
Alcoa busca comprador para as plantas galegas e engade incerteza aos traballadores
A multinacional pon á venda as súas factorías no Estado e vén de contratar a Goldman Sachs para auditar e valorar os centros da Coruña, A Mariña e Avilés. A empresa medita vender a un terceiro algunhas factorías ou aliarse cun socio industrial.
Alcoa anula os despidos e manterá a planta da Coruña
A multinacional retira o expediente de despedimento colectivo para a factoría coruñesa e a de Avilés tras obter os bloques "suficientes" na última poxa eléctrica, aínda que advirte que as fábricas seguen a ser "vulnerables" e que a súa continuidade só está garantida durante un ano.
Cando os beneficios empresariais van acompañados de despedimentos
Os recentes casos de Alcoa e Megasa, empresas que pretenden despedir 400 e 47 traballadores -respectivamente- a pesar de gañar cartos en 2013, non son os únicos. Ao longo da crise foron moitas as compañías galegas que propuxeron ou executaron despedimentos nestas condicións.
Miles de persoas loitan na rúa contra o peche de Alcoa
Arredor de 8.000 cidadáns maniféstanse na Coruña contra a ameaza da multinacional de cerrar as plantas da Agrela e de Avilés e aplicar un despido colectivo a 800 traballadores. Operarios doutras factorías da empresa e doutras industrias apoian as reclamacións.