Alcoa 'planta' a persoal e administracións noutra mesa de negociación sen avances
O Concello da Coruña pide ao Estado "medidas cautelares", mesmo o día seguinte de que acabe o prazo de negociación do ERE, "para que a empresa manteña a súa actividade ata que apareza un novo comprador". Todas as partes critican a "nula vontade negociadora" da multinacional.